|
QUÉ É?
- Pedra Rosetta é unha asociación de alumnos, ex-alumnos, profesores, ex-profesores e persoal e antigo persoal non docente da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
CAL É O SEU FIN?
- Organizar actividades culturais para a promoción das linguas.
- Facilitar
a formación polos medios ao seu alcance dos/as seus/súas asociados/as,
e daqueloutras persoas que estiveren interesadas.
- Manter un trazo de unión con aquelas persoas que doutro xeito xa non estarían vencelladas a esta escola.
- Tentar
promover a creación dunha revista propia ou axudar na elaboración da
revista xa existente na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
- Dedicar especial atención á lingua galega, a través de todas as canles posíbeis.
- Promover a participación da sociedade, en xeral, e dos asociados e asociadas, en particular, a través das súas actividades.
- A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.
- Constituírse como lugar de encontro e debate dos seus asociados e asociadas e da cidadanía en xeral.
INFORMACIÓN
- Para información sobre inscrición e actividades podedes consulta-lo taboleiro da planta baixa da EOI.
- Modelo de ingreso socios.
- Podedes consultar os estatutos na seguinte ligazón.
- Contacto
ACTIVIDADES DE ANOS ANTERIORES
- Saidas culturais
- Curso de árabe
- Clubes de conversa
- Actividades sobre O Biarn (fai clic para saber máis)
|
|
|
Avisos
|